Vinte anos ao teu carón e un novo camiño por percorrer

22/07/2020

l

O Xulia Restaurante

No ano 1999, abrimos as portas por vez primeira. Agora, no 2020 e logo dunha pandemia mundial que nos confinou na casa só tres días antes da inauguración, tras unha reforma integral das nosas instalacións, abrimos as portas por segunda vez.

E facémolo dun xeito completamente renovado. Tanto que ata mudamos o nome! Agora, o antigo “O Café de Xulia” é sinxelamente “O Xulia“.  Pero non nos esquecemos dos nosos comezos e parte daquel Xulia segue presente neste. Fíxate nalgúns detalles, coma a nosa cor verde característica que segue a formar parte desta andaina!

Iso si, os cambios son moitos. De tres comedores pasamos a dous, máis amplos, cómodos, máis luminosos e máis pensados para compartir contigo. Asimesmo, a nosa cociña, antes duns 11 metros cadrados, hoxe duplicou o seu tamaño. Atoparala agora no fondo!

En definitiva, estamos felices por compartir este cambio de imaxe que trae moitas novidades pero que non esquece a todo e a todos os que nos permitiron chegar ata aquí!

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp