Estamos rematando a nosa nova carta e isto non vai faltar

17/10/2023

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Logo de varias semanas de probas, xa podemos confirmar que estamos a traballar nunha nova carta para o noso restaurante O Xulia, na Estrada. Nuns días, daremos a coñecer tódalas novidades que incorporamos así coma aqueles pratos que se manteñen na nosa proposta gastronómica pero xa podemos avanzar que:

-Os peixes ocuparán un lugar moi especial, tanto os que xa estaban presentes coma as novas incorporacións. É o caso do peixe sapo, un auténtico manxar que poderás degustar cando queiras.

-As sobremesas da casa. Sendo tamén un dos puntos fortes da nosa carta, os postres terán novamente un espazo destacado na nosa carta. A estas suxestións, sumaranse outras con produtos de tempada.

-As carnes: sabemos que non podes resistirte, polo que a nova carta incluirá moitas propostas!

O dito, nuns días poderás coñecela ao completo!

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp