Sorprende a papá cun almorzo ou un xantar especial neste Día do Pai

17/03/2021

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Pode que esta sexa unha celebración do Día do Pai atípica. As circunstancias sanitarias impedirán as tradicionais xuntanzas en moitos fogares pero quedan, porén, xeitos de agasallar aos papás e agradecerlles o que fan por un. Neste senso, suxerímosche dúas opcións:

-Un almorzo moi persoal e configurado con propostas doces e salgadas, ao teu gusto.

-Un xantar onde non faltan mariscos, peixes, carnes e sobremesas da casa.

Trátase de opcións pensadas para saborear en O Xulia pero tamén para levar. Iso si, recorda reservar con 24 horas de adianto!

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp