Eres dos que tolea por un almorzo distinto e comezar o día co mellor sabor de boca? Como sabes, a primeira comida de cada xornada é unha das nosas perdicións: en O Xulia gústanos experimentar, probar, mesturar novos sabores e descubrir propostas distintas para darlle a benvida á mañá.
E niso andabamos a cavilar cando nos percatamos de que o ingrediente protagonista destes almorzos tiña que ser necesariamente o pan. Pensando e pensando, demos cunha elaboración que -tras varias probas- acabou por convencernos. Trátase dun pan brioche que destaca pola súa suavidade e esponxosidade. Por suposto, elaborámolo a diario en O Xulia para que poidas saborealo ben fresco.
Torradas doces e salgadas: cando probalas?
Polo momento, as torradas de pan brioche para almorzar están dispoñibles só as fins de semana. Así, nas mañás do sábado e o domingo podes escoller entre os nosos almorzos doces ou salgados. Entre as primeiras opcións, destacan as torradas con manteiga e confitura. No segundo caso, podes optar por propostas con aguacate, xamón ou tomate, entre outras.
Así que agora xa o sabes: se ti es dos que non cambia o almorzo por nada do mundo, na fin de semana tes unha cita en O Xulia. Agardámoste na Estrada!