Semana Santa, Festa do Salmón, Festa da Sidra e chega o San Paio. O certo é que os primeiros meses do ano son un auténtico frenesí de celebracións culinarias e festivas na Estrada. De feito, en só uns días chegan as festas do San Paio e fostes xa moitos os que anticipastes as reservas de mesa para xantar ou cear en familia durante as celebracións patronais.
Se aínda non o fixeches, agora é o momento de gardar un oco para saborear da troula e o bo sabor na Estrada. No noso caso, contamos con dúas propostas moi especiais que poderán degustarse dende o venres 23 ao martes 27, posto que nesa semana tan especial abriremos tamén o luns, tradicionalmente día de descanso en O Xulia.
Non te despistes e asegura a túa reserva!