Comezamos o ano con novidades! Nesta ocasión, estamos de estrea, pois acabamos de actualizar a nosa carta! Se che apetece descubrila ao completo, dirémosche que nela se agochan todo tipo de elaboracións, dende entrantes ata pastas, pizzas, arroces, hamburguesas, carnes ou peixes!
Por suposto, non faltan pratos tradicionais que caracterizan a nosa cociña dende fai xa moito anos pero xunto a eles atoparás moitos outros que acaban de incorporarse ás nosas propostas! Ademais, renovamos as sobremesas e as recomendacións de bodega!
Agardamos que che guste!