O verán é tempo de reunión. De estar cos dun e de desfrutar daqueles aos que, durante todo o ano, non podemos ver tanto como ás veces nos gustaría. Estes encontros acostuman a estar acompañados dun variado compoñente gastronómico, pois en Galicia celebrar é sinónimo de bo comer.
Para todos estes momentos está pensado o noso servicio de pedidos para levar. Así, podes saborear onde ti prefiras propostas ben variadas entre as que se encontran xantares de picnic, menús festivos ou outras propostas máis puntuais. Para facer a túa reserva, unicamente debes chamarnos e darémoslle forma ás túas peticións!