Ofertas take away: un prato distinto cada día

03/11/2020

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Dende fai un tempo, os pedidos para levar son cada vez máis numerosos en O Xulia. Se ben no noso restaurante da Estrada ofrecemos esta posibilidade dende fai anos, o certo é que as características desta pandemia impulsaron esta tendencia. Nestas circunstancias, agora decidimos ofrecer cada día un prato distinto que podes atopar de oferta.

Deste xeito, de martes a domingo terás a posibilidade de reservar -coa anticipación que poidas- distintas especialidades da nosa cociña: ensaladas, carnes, peixes, pastas, receitas tradicionais galegas e mesmo sobremesas. O procedemento de solicitude é ben sinxelo, pois chega con que nos chames ao 986 571 540 para facer o teu pedido e nos digas a que hora virás recollelo.

Ofertas especialmente tentadoras os sábados
Asimesmo, recomendámosche que esteas especialmemte atento ou atenta os sábados, xornada na que as nosas ofertas serán aínda máis tentadoras, pois ofrecerémosche dende pizzas familiares a metade de prezo ata todo tipo de combinados.

Xunto coas nosas promocións de 24 horas de duración, tamén podes levar para a túa casa as distintas especialidades que integran a nosa carta. E se o que prefires é vir comer a O Xulia, ademais de por teléfono podes formalizar a túa reserva de xeito online. Grazas por apoiarnos!

 

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp