O Nadal está á volta da esquina: consulta datas e menús

11/11/2022

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Que o Nadal parece que comeza cada vez antes é unha evidencia. Escaparates, supermercados e tendas son boa mostra de que os produtos tradicionais desta época do ano se fan familiares con bastante antelación. A hostalería non é unha excepción, pois se ben tódolos anos os xantares e ceas de Nadal chaman a atención dende moi pronto, nesta ocasión esta tendencia é mesmo maior.

Non falta as razóns. Logo de meses de restricións e limitacións motivadas pola pandemia sanitaria, este será o Nadal que marque a volta á normalidade. Á normalidade real, posto que o último non foi un Nadal habitual por moito que as normas fosen máis flexibles.

É por isto que, nestes momentos, estamos xa a traballar con intensidade na proposta de suxestións e orzamentos personalizados para celebrar estas festas. Coma sempre, unha vez máis poderás escoller entre saborear estes menús con nós ou gozar da nosa cociña na túa casa!

E se precisas información, non dubides en chamarnos!

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp