Máis dunha ducia de tentacións para almorzar en O Xulia

05/05/2023

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Eres dos que ve no almorzo o mellor momento do día? Sen dúbida, para nós comezar a xornada cos mellores ingredientes é fundamental á hora de afrontar o ritmo cotiá. Por iso, no noso restaurante O Xulia de A Estrada podes atopar máis dunha ducia de propostas diferentes para almorzar.

Se eres de doce, sen dúbida os churros que facemos aquí mesmo -seguindo a receita que nos ensinou unha experta na materia- será unha das túas opcións, xunto coa bolaría e os biscoitos tradicionais que cociñamos a diario. No caso dos domingos, contamos a maiores cos riquísimos croissants de sementes de Pastelería Mimela, elaborados cos ingredientes da maior calidade e unha manteiga que lles concede un sabor imposible de describir.

Gústanche as tostas e torradas? Temos para ti opcións más clásicas coma o pan con manteiga e confitura ou con aceite e tomate relado por nós no propio día. Se prefires probar outras propostas, podes escoller entre tomate con xamón serrano, tomate con xamón serrano e aguacate, salmón con crema de queixo, salmón con crema de queixo e aguacate… Finalmente, para aqueles que optan por estrear o día con sabores salgados preparamos pinchos de tortilla ou sandwich mixto. E se sofres de celiaquía, non te preocupes porque estamos a traballar para que poidas degustar tamén numerosos bocados. Agardámosvos!

 

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp