Ingredientes frescos e de proximidade, a base da nosa cociña

16/07/2020

l

O Xulia Restaurante

Se hai unha característica imprescindible dos ingredientes da nosa cociña esa é a súa frescura. Tan só empregamos, no restaurante O Xulia da Estrada, produtos de proximidade e gran calidade. Deste xeito, ademais de garantir o bo resultado de cada unha das elaboracións, tratamos de axudar aos nosos veciños, produtores e comerciantes, como eles nos axudan a nós cando veñen e sentan a comer.

Consideramos que este é o xeito de que os pequenos e medianos emprendedores poidamos seguir adiante, axudando uns aos outros. Neste senso, temos a sorte de contar no noso pobo con grandes distribuidores de produto fresco, sexan verduras e hortalizas, peixes e mariscos ou carnes. O feito de estar situados prácticamente no corazón de Galicia permítenos así variar a diario as nosas propostas sen perder nunca a calidade que tanto buscamos.

En resumo, se nos visitas atoparás unha carta de propostas moi pensada, quizais non moi ampla pero si moi escollida. Tamén che ofreceremos distintas suxestións e por suposto os menús que sempre caracterizaron a nosa oferta gastronómica. Porque por moitos anos que pasen, a nosa esencia seguirá a ser a que sempre foi.

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp