Vivir no rural ten moitas vantaxes, difíciles de enumerar pero entre todas elas, destaca a posibilidade de facer real o de “saber o que comemos”. No noso caso contamos con horta propia do que proven boa parte dos ingredientes cos que elaboramos os nosos pratos.
Así, ensaladas, pratos de chuchara, lacón con grelos ou cocidos incorporan na súa elaboración verduras, hortalizas e legumes que coidamos durante todo o ano para recoller no momento xusto ¡Din quen as probou que o sabor non deixa lugar a dúbidas!