Este Nadal, cociñamos por ti

16/12/2020

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Certamente, as mesas deste Nadal serán menos numerosas do que acostumaban. Botaremos en falta a familiares e amigos aos que nesta ocasión a prudencia e as novas normas sanitarias convidan a xantar e cear en grupos burbulla. Pero pese ás dificultades do momento, chegarán a Noiteboa, o Nadal, a noite de Fin de Ano e tamén o primeiro día de 2021. Para estas datas tan especiais, preparamos este ano algunas propostas. Son menos que outros anos, certo é, pero non menos especiais porque podemos asegurarvos que están deseñadas con máis cariño que nunca.

Deste xeito, podedes reservar -para degustar en O Xulia ou levar- un menú de Nadal no que non faltan os mariscos pero tampouco os peixes, carnes e sobremesas. E se o que prefires é configurar o teu propio menú, tamén podes escoller entre os nosos pratos para levar.

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp