Desfruta a diario dos nosos almorzos para levar

14/04/2021

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Algo máis pracenteiro e gustoso que un bo almorzo, con tempo e bos produtos? Con esa idea nacen os nosos almorzos para levar, un proxecto que probaramos xa nalgunha ocasión especial -como foi o caso da celebración de San Valentín- e que agora facemos un fixo da nosa oferta diaria.

Deste xeito, cada día poderás gozar dun completo almorzo composto por propostas doces e salgadas e que ti mesmo podes configurar ao teu gusto, engadindo distintas bebidas frías e quentes e gozando de bolos da casa, pans ou froitas de tempada.

O procedemento de reserva é moi sinxelo: chega con que nos chames con 24 horas de anticipación e teremos preparado o teu almorzo especial para a hora que poidas vir recollelo.

En resumo, un xeito distinto de facer de cada día unha xornada especial.

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp