Descubre os nosos postres, sempre caseiros

27/07/2022

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Pode dicirse que existen dous grandes grupos de persoas. As que non son de doce e as que morren por el. Nós estamos, sen dúbida, neste último grupo. E é por iso que, dende fai décadas, as sobremesas son parte fundamental da carta de O Xulia, o noso restaurante de cociña galega na Estrada.

Así, entre as nosas sobremesas figuran sempre algunas propostas con produtos de tempada. É o caso dos doces con amorodos, con kiwis ou con froitos vermellos, por exemplo. Xunto a eles, grandes clásicos como son o mousse de limón, a tarta tres chocolates, os flans e tartas de queixo ou o tiramisú, entre outras lambetadas.

Que teñen en común todas elas? 
Todas as nosas sobremesas son elaboradas aquí mesmo, na procura dese sabor caseiro que tanto caracteriza os postres de sempre. O mesmo ocorre coas nosas propostas para a hora do almorzo ou a merenda, pois madalenas, churros ou pan de torradas son elaborados na súa meirande parte na nosa cociña. Xa os probaches todos?

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp