Coñeces a nosa sección de receitas? Cada sábado, unha nova proposta!

13/09/2021

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Que experimentar e probar na cociña é un pracer para nós non é ningunha novidade. De sempre, argallar novas propostas, combinar ingredientes e mesturar sabores foi, e é, un xeito de entender a gastronomía en O Xulia, o noso restaurante na Estrada. Por iso, tamén os cambios na nosa carta son frecuentes.

Despois dun tempo, comezamos a compartir contigo a través das nosas redes sociais algunhas destas novas elaboracións. Tal foi o apoio recibido -con consultas, dúbidas e mensaxes con imaxes das vosas reproducións na casa- que decidimos marcar un día para dar a coñecer distintos pratos. Así, cada sábado dende fai xa varios meses actualizamos as nosas plataformas con receitas pensadas para almorzar, merendar, xantar ou cear. Porque o que temos claro é que a cociña admite variedade con independencia da hora do día!

Se che apetece probar algunhas das nosas propostas, podes consultar o noso arquivo de receitas. Agardamos que che guste!

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp