Cocido e San Valentín, parella perfecta do mes de febreiro no Xulia

01/02/2023

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Colle axenda e garda a data! Arrancou febreiro e con el chegan ao Xulia moitos plans para desfrutar deste segundo mes do ano. Entre os máis importantes, dous: a celebración de San Valentín e a nosa tradicional degustación de cocido galego.

No primeiro dos casos, para celebrar o amor preparamos unha proposta moi especial da agardamos que te namore a primeira vista: un menú pensado para compartir un momento en parella, amigos ou familia e celebrar os sentimentos como se merecen. A proposta, que estará dispoñible previa reserva os días 10 (cea), 11 (xantar e cea), 12 (xantar) e 14 (cea) é a seguinte:

E se o que prefires é saborear un dos pratos estrela da gastronomía galega, o cocido, tés que saber que podes facelo calquera día sempre que nos reserves con 4 días de antelación. Preparámolo para grupos de 8 persoas ou máis, calquera día da semana!

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp