Celebra o Día do Pai cunha degustación en familia

14/03/2023

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Gravatas, perfumes, carteiras, mochilas. Son algúns dos agasallos que, ao ano ano, acostumamos entregarlles a nosos pais para celebrar o seu día. Sendo todos eles boas opcións, hoxe imos darche unha idea distinta: que che parece se vos agasallades tempo compartido?

Para comezar, poder celebrar este día con el, con papá, é de por si unha sorte. Pero se a iso lle sumamos poder facelo sen apuro, cun xantar ou cunha cea específicamente pensados para esta ocasión, cremos que o plan pasa a converterse en realmente tentador. Por iso, para festexar este Día do Pai che propoñemos saborear o noso menú degustación que deseñamos para esta xornada. Nel figuran entrantes variados, mariscos, peixes e carnes así coma un tiramisú versionado que busca pór a guinda a este encontro. Aquí podes velo en detalle:

Iso si, non esquezas reservalo porque este menú tan só estará dispoñible baixo pedido.

 

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp