Cada semana, unha oferta distinta para levar á casa

06/10/2020

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Isto que vos imos contar comezou fai xa uns meses, cando decidimos implementar no restaurante da Estrada O Xulia unha iniciativa que nunca antes tivera lugar aquí. Tratábase dunha oferta pensada para levar. É dicir, ao comezo de cada semana dabamos a coñecer unha proposta da nosa cociña pero ideada especialmente para recoller e degustar na comodidade do fogar. Pois ben, o que comezou coma unha proba é xa unha das accións con máis éxito dos últimos tempos.

Neste momento, cada semana damos a coñecer unha oferta distinta e nela teñen cabida todo tipo de pratos, dende ensaladas a especialidades de culler, pizzas ou recetas de tempada. Iso si, debemos recoñecer que hai algunhas que triunfan sobre tódalas outras. É o caso dos callos ou da tortilla española, propostas sobre as que non paramos de recibir encargos. Tanto é así que ademais de activar unha oferta distinta a comezos de semana, mesmo nos vimos na necesidade de sumar algunha que outra promoción os mércores e os xoves.

En definitiva, tendo en conta canto vos gustou esta proposta, xa podemos adiantarvos que temos previsto mantela todo o tempo que o desexedes. Grazas por demostrarnos, a diario, a vosa confianza!

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp