Chega con cruzar a fronteira que nos separa do país veciño para que un se percate rapidamente de ata que punto o bacallau está presente nas mesas de restaurantes e fogares. Popular tamén en Galicia, o certo é que a do bacallau e o territorio luso é unha relación que traspasou fronteiras. Para mostra, un dato: algunhas fontes apuntan a que contan con máis de mil receitas para preparalo. E, entre todas ela, unha moi tradicional: o bacallau á portuguesa. A mesma que é, tamén, unhas das nosas propostas máis demandadas.
Que o bacallau é un dos peixes estrela de Portugal non é ningún segredo pero: como naceu esta costume? Non sendo una especie propia das costas portuguesas -como si o pode ser a sardiña, outra habitual da cociña lusa- para coñecer as razóns que converteron o bacallau no peixe máis destacado da súa gastronomía hai que ir uns séculos cara atrás. Grandes navegantes, os portugueses comezaron a traer bacallau ao seu país no século XIV. Debido ás grandes distancias no que se capturaba, o salgado das pezas garantía a chegada a porto en bo estado. Pero, ademais, trátase dun método que asegura a conservación durante un longo tempo, o que permitía que puidese consumirse en calquera recuncho do país. Outro dos motivos hai que buscala no prezo deste alimento, accesible así para a inmensa maioría da poboación.
Deste xeito, o bacallau fíxose tan popular que na actualidade un pode degustalo de centos de xeitos distintos. No caso de O Xulia, sempre optamos pola versión “á portuguesa”, que se elabora con patacas, cebolas ou viño do Porto, entre outros ingredientes. Queres probalo?