Axúdasnos a loitar contra o desperdicio alimentario?

20/09/2022

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Máis de 1.300 millóns. Son os quilos de comida que, segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, se estima que se tiran ao lixo nos fogares españois. O dato, referido ao ano 2020, supón unha media duns 31 quilos de alimentos por persoa e ano. E se a cifra chama a atención por si mesma, pensar en canto suma o desperdicio tendo en conta outras procedencias como pode ser a hostalería describe un panorama certamente preocupante.

Por esta razón e porque consideramos que con pequenos xestos podemos obter grandes resultados, vimos de pór en marcha una iniciativa que loita contra a mala costume de tirar a comida en bo estado. Se te estás a preguntar como podes colaborar, dirémosche que é moi sinxelo: naquelas xornadas nas que a hora do xantar remate con excedentes, farémoscho saber a través das nosas redes sociais. Deste xeito, poderás pedir (a prezo reducido) os pratos que desexes e vir recollelos no propio día, para manter todas as súas calidades intactas.

Agardamos que che guste a iniciativa!

 

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp