Así é noso bocado para estas Santas Tapas

12/04/2022

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Se hai un percorrido culinario ben especial na Estrada ese é o das Santas Tapas. Logo dun tempo de obrigado parón pola pandemia sanitaria, chega o momento de volver desfrutar destas propostas sen restricións.

E para a ocasión, nós imos tentarte así: trátase dun bocado a medio camiño entre o doce e o salgado. Os seus ingredientes principais son estes: pan brioche, carne do solombo, queixo de cabra e marmelada de arandos.

Para elaborala, comezamos facendo o pan brioche, que elaboramos en O Xulia. Para iso necesitamos fariña, ovo, leite, aceite e levadura. Este pan, de carácter doce, destaca pola súa suavidade. Por outra banda, pasamos pola prancha o solombo e o queixo de cabra, que acompañamos dunha confitura de arandos feita tamén de xeito caseiro no noso restaurante.

Xa sabes! É o momento de gozar das Santas Tapas. Anota as datas: de mércores a domingo, en horario habitual.

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp