As Verduras máis Frescas

04/10/2019

l

O Xulia Restaurante

Xa os falamos de Rebulidoiro Granxa Eco, pero hoxe queremos facelo como se merecen, porque xa forman parte da familia de O Xulia. Dende fai unhas semanas, son os nosos provedores de froita e verdura frescas. E chegan dende moi cerca, ¡dende Santa Cristina de Vea!

Coa súa axuda, podemos ofrecervos sempre os froitos de tempada cultivados nos campos estradenses, o que ademais de mellorar a nosa saúde tamén favorece a actividade económica do municipio. Pero o mellor, e que eles mesmos se presenten:

Rebulidoiro granxa eco nace coa intención de revitalizar o campo e os seus produtos, sempre dun xeito sostible e respectuoso. Por iso dende o ano 2012 contamos coa certificación de agricultura ecolóxica, que garante que todos os nosos produtos se obteñen sen o uso de químicos, abonos artificiais, pesticidas nin herbicidas. Todos os alimentos que ofrecemos son producidos exclusivamente na nosa granxa, e comercialízanse en mercados locais e a domicilio

¡Gracias, Rebulidoiro!

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp