Almorza con nós os croissants e rolls de Pastelería Mimela

20/09/2023

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Almorzar sen apuros é un dos pequenos praceres que un se pode permitir na fin de semana. Tendo isto en conta, dende O Xulia tratamos de mimar especialmente esta sección da nosa carta, pois sabemos que doces e salgados son a recompensa perfecta a toda unha semana de esforzos e obrigas.

Decide como comezar o día

Así, para almorzar temos suxestións do máis variadas. Entre elas, non poden faltar os churros e madalenas que dende fai anos vimos elaborando día a día de xeito caseiro. Porque o sabor dos doces acabados de elaborar diferénciase, e moito, de calquera outra proposta. Xunto a elas, nos últimos temos incorporamos unha bica que, tendo en conta a vosa demanda, parece que está a gustar cada vez máis.

Pero, ademais, na Estrada temos a sorte de contar coa sabedoría de Pastelería Mimela. Artesáns de toda a vida, as súas creacións son verdadeiras delicias. Por iso, en O Xulia os domingos podes pedirnos tamén os seus croissants con sementes, recheos ou de manteiga así como os seus xa coñecidísimos rolls. Neste último caso, Antonio elabora o roll e nós o recheo a base de queixo crema, xamón e rúcula.

Nova carta

Por outra banda, estamos a rematar a nosa nova carta. Moi pronto poderemos compartila contigo pero xa che adiantamos que os peixes conforman nela unha sección ben especial. En concreto, o rape, o bacallau e o salmón.

Oferta de fin de semana

Noutra orde de cousas, debes saber que todas as fins de semana contamos cunha oferta ben especial: polo asado por 8€. Iso si, non esquezas encargar.

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp