De martes a domingo, queremos tentarte no noso restaurante O Xulia. Dende A Estrada, agás os luns -día que destinamos ao noso descanso- xornada tras xornada tratamos de ofrecerche propostas ben variadas para almorzar, xantar, merendar ou cear. Así, no caso das principais comidas do día podes escoller entre o noso menú completo, o noso prato único ou as nosas receitas para levar.
Deste xeito, se optas polo menú completo poderás saborear un primeiro e un segundo prato, por suposto con sobremesa da casa incorporada. Pero, se prefires un único prato, esta opción está tamén dispoñible todos os días. Neste caso, podes escoller calquera das propostas do noso menú. E se o que prefires é degustalas no teu fogar, non tes máis que reservar e vir recoller.
Cal é a opción que máis se adapta a ti?