O almorzo é das túas comidas preferidas? Agardámoste!

09/08/2022

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Se tiveses que escoller entre almorzar, xantar ou cear fóra da casa, que escollerías? A esta difícil pregunta, son moitas as persoas que non titubean e que afirman que, sen dúbida, a primeira comida do día é a súa favorita. Por iso, no restaurante O Xulia de A Estrada -ademais da gastronomía galega e os produtos locais- teñen un protagonismo especial eses alimentos cos que arranca cada xornada.

Se a isto se lle suma que somos grandes amantes da repostería, o resultado son propostas doces que elaboramos aquí mesmo a diario. É o caso dos churros ou das madalenas, por exemplo. Pero, a maiores, para almorzar atoparás tamén torradas con distintos tipos de pan ou bolos de primeira calidade, elaborados na Pastelería Mimela, aquí na Estrada. E mesmo tortas!

E se o teu son as tentacións salgadas, non dubides en preguntar! Aínda que imos cambiando as nosas opcións, sempre atoparás propostas máis lonxe do doce pero igualmente saborosas!

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp