O salmón remonta ata o prato

11/05/2022

l

O Xulia Restaurante A Estrada

A Festa do Salmón da Estrada, en toda a súa plenitude, está de volta. Coma moitas outras celebracións, levaba un tempo agardando para festexarse de novo tal e como viña sendo costume. E esta é a súa semana grande! Para a ocasión, dende O Xulia levamos días traballando e decidimos ofrecerche múltiples alternativas. Así, chega o momento de desfrutar do rei do río no prato.

Por unha banda, poderás saborear salmón no roteiro de tapas no que participamos. No noso caso, serviremos a nosa proposta o sábado, xornada na que poderás probar o noso roliño de salmón. E se te estás a preguntar que leva este bocado, dirémosche que atoparás unha tapa composta por unha lámina de calabacín cociñada ao vapor e rechea de salmón, bechamel e verduras. Finalmente, gratinamos con queixo San Simón.

E se o prefires, durante toda a fin de semana terás dispoñible un menú especial de salmón no que non faltan propostas clásicas de O Xulia coma a empanada de salmón ou o salmón ás Rías Baixas así coma pratos especiais para levar.

   

Agardámoste!

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp