Os nosos menús, dispoñibles de martes a domingo dende fai xa moitos anos, son marca da casa en O Xulia. Día tras día, sodes moitos os que vos achegades preguntando por estas propostas nas que caben dende mariscos a todo tipo de verduras, hortalizas e legumes así como peixes e carnes, entre outros produtos. Se ben é certo que dispoñemos destas suxestións durante a fin de semana practicamente dende sempre, agora sumamos un novo menú especial para as xornadas do sábado e do domingo.
Trátase dunha proposta máis reducida en número de opcións, pois atoparás dous primeiros e dous segundos a escoller, pero que nos permite moita liberdade á hora de achegarche novas preparacións e produtos.
Así, se eres dos que gusta de probar novas elaboracións así como todo tipo de ingredientes, este menú está pensado para ti. Recorda que recomendamos reservar!