Neste agardado San Paio, temos unha proposta moi especial

22/06/2021

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Parece ata mentira que esteamos en festa. Logo de tantos meses acostumados a un necesario recollemento e afastamento social, parece que a situación sanitaria da un respiro. E isto permite retomar, paso a paso, as costumes que tiñamos antes de que Covid19 se fixese unha das palabras máis comúns das nosas conversas. Así as cousas, A Estrada celebra esta semana a súas festividades patronais na honra de San Paio.

E faino con tódalas precaucións necesarias pero tamén cun cartel de altura, cousa que dende aquí lle agradecemos a tódolos organizadores. Así, estes días tamén nós contaremos cunha oferta especial, pensada para degustar estas festas patronais.

Neste menú especial San Paio, poderás escoller entre dous primeiros e dous segundos. Para abrir boca, contamos con polbo con gambas ou zamburiñas á prancha. A continuación, deberás decidir se eres máis de peixe -e saborear o noso tradicional bacallau á portuguesa– ou de carnes, con croca de tenreira e chuletiñas de cordeiro a elixir. Non faltarán as sobremesas caseiras, por suposto!

Se che apetece saborear este menú especial, podes facelo dende o 25 ao 27 de xuño, a mediodía e á noite e tanto para degustar en O Xulia como para levar para a casa. Tes tamén dispoñible a nosa carta ao completo.

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp