Xa podes reservar mesa a través da nosa nova web

02/09/2020

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Dun tempo a esta parte, todos somos conscientes de ata que punto precisamos das novas tecnoloxías. Coa chegada do coronavirus, máis que nunca os escaparates online dos negocios tornáronse espazos para compartir e gozar dunha proximidade que, en ocasións, non é posible de xeito presencial. Por esta razón, decidimos renovar a nosa web e adaptala á actualidade.

Deste xeito, ademais de renovar a estética e proceder a un cambio de dominio -en liña coa reforma das nosas instalacións e cambio de O Café de Xulia a O Xulia-, esta web suma funcionalidades. Entre todas elas, destaca a posibilidade de reservar mesa de xeito online. É dicir, a través dun sinxelo formulario podes solicitar unha reserva no Xulia para comer ou cear. Simplemente debes indicarnos data, hora e número de comensais. Asimesmo, na propia plataforma poderás facernos saber se tés intolerancias ou alerxias alimenticias, de xeito que adaptemos a nosa proposta culinaria a estas circunstancias.

Asimesmo, a través da web tés acceso completo á nosa carta. Así, podes coñecer as distintas especialidades e indicarnos as túas opcións preferidas tanto no referido aos entrantes coma aos pratos principais ou sobremesas. En resumo, agardamos que a nosa nova web che resulte tan útil como así o ideamos.

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp