Quen Somos
Restaurante O Xulia
A Nosa Historia
Era decembro do ano 1999, naquel momento abría as portas de O Café de Xulia, con Pepe e Julia ao fronte. Bocadillos, hamburguesas e pratos combinados foron as elaboracións protagonistas da nosa cociña. Iso nos primeiros tempos, porque a nosa forma de entender a gastronomía galega foi evolucionando. E cambiou completamente coa incorporación da segunda xeración.
Hoxe, 20 anos despois, é Andrea -a filla de Pepe e Julia- quen leva as rendas do que ela mesma define como un soño. O Café de Xulia converteuse así simplemente en O Xulia, un restaurante situado na Estrada onde a premisa é que comas coma se estiveses na túa casa e no que pescados, mariscos, carnes e verduras sempre recenden a fresco.
Nestas dúas décadas, escoitar aos clientes foi a clave para tratar de ofrecerlles sempre algo mellor. E é por iso que O Xulia é un proxecto con vida, que entende a cociña como un verdadeiro acto de amor. Por iso, a nosa única pretensión é compartir a nosa casa contigo.
Dous Comedores
- Comedores para 32 e 50 persoas
- Reunións familiares
- Eventos profesionais
- Reunións de Amigos
Servizo de Catering
- Almorzos especiais
- Comidas
- Ceas
- Repostaría