Almorzos con doces da casa, pan e froita en O Xulia

12/01/2021

l

O Xulia Restaurante A Estrada

Almorzamos xuntos? Comezar o día contigo é a mellor forma de que a xornada vaia sobre rodas! Por iso, hoxe queremos falarche das nosas propostas para o almorzo. Nelas, dende fai anos, as auténticas protagonistas son as elaboracións da casa. É por iso que moitas das nosas suxestións de primeira hora varían cada día.

Deste xeito, atoparás bolos acabados de sair do forno, como poden ser madalenas ou croissants pero tamén todo tipo de biscoitos, moitos deles con produtos de tempada. Asimesmo, churros de elaboración propia ou cookies son algunhas das outras variedades que atoparás xunto aos cafés, chocolates e infusións de primeira hora. Se esquecer, por suposto, as torradas de pan de distinto tipo. E, xa máis recentemente, incorporamos tamén a froita aos nosos almorzos. Está a ser un éxito así que, xa sabes, se queres almorzar con nós agardámoste dende as 09.00 horas!

Reservar Restaurante O Xulia por WhatsApp